-
サマリー
あらすじ・解説
Nun contexto no que a desigualdade entre ricos e pobres se convertiu nun dos grandes desafíos da nosa época, falamos moito de como repartir a riqueza pero non tanto de como creala. O asunto non é secundario para un país como Galiza, que nas últimas décadas viu pechar ou deslocalizar algunhas industrias históricas e, con elas, moitos postos de traballo. As start-ups innovadoras son en moitos casos un flotador de salvación e a oportunidade para crear novos sectores productivos moi vinculados ás novas tecnoloxías. En Galiza, existe unha interesante rede de empresas deste estilo pero aínda estamos lonxe doutros hubs de start-ups peninsulares como Málaga, Valencia ou o Porto. Que fai falla daquela para convertirnos nun polo innovador? Neste episodio trataremos de responder a esa pregunta coa axuda de Miguel Varela, CEO e co-fundador da start-up Teimas e membro da directiva da asociacion Start Up Galicia; Julio Martinez, xestor de proxectos de Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga); e Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinador do grupo de investigación sobre Innovación, cambio estrutural e desenvolvemento (ICEDE).