エピソード

  • María Docampo. Un asasinato entre o amor tóxico e a CIA
    2023/07/11
    Eran as 8:00 da mañá dun 23 de setembro do 1948 nunha finca coñeciza como a da Brava, en Arillo. Na parroquia de Dorneda, Oleiros.

    Nesta finca habitaban Francisco Docampo e María Ramos , os pais, e Encarnación e María Docampo Ramos, as fillas.

    Emigraran había moitos anos aos Estados Unidos, coma tantos e tantas outras galegas, e deciridiran había moi pouquiño voltar á terra. Para iso, facía anos que mercaran un fermoso pazo

    O marido de María Docampo, aparecera por sorpresa había uns días. Era sabido que os pais non gostaban nada del. Dicían que era un lacazán que vivía da súa filla, que consumía drogas e que chegara a traficar con elas.

    José García Peña, que así se chamaba, non tardaría moito en acometer un triple asasinato e intento de incendio.

    Comezaba así o crime do Jalisco.


    Queres saber máis?

    Moitas grazas a Pedro Lamas e á Música de Cecebre.

    E moitas grazas a vós, escoitantes por apoiarnos durante toda a tempada.

    Voltamos no outono! Que a luz vos acompañe

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:

    Jalisco no te rajes: por Antonio Domínguez en NYC, cedida por Pedro Lamas
    Atlantis, Somber: "music by audionautix.com"
    Echoes of Ireland, The Storyteller, Spiritual: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    34 分
  • O maior asasinato en masa da Galiza
    2023/06/26
    Lugar de Surribas, Chantada, mércores 8 de marzo do 1989
    Esta aldea tranquila do suroeste galego, Na Ribeira Sacra xa case lindando con Pontevedra, sofre o maior asasinato en masa da nosa historia.
    Paulino Fernández Vázquez, labrego de 64 anos acabaría coa vida de 7 veciños e veciñas e feriría a outras tantas.


    Queres saber máis?

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:
    Atlantis: "music by audionautix.com"
    Amphitritr, Spiritual, The Storyteller, Sarabande: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    21 分
  • Elisa Abruñedo. 10 anos sen respostas
    2023/06/11
    Para enterder o mal, hai que entender a escuridade
    1 de setembro do ano 2013. Elisa Abruñedo sae a pasear como o facía todos os días.
    Non ía lonxe, pola contorna da súa casa sita no lugar de Lavandeira, no Concello de Cabanas.

    Ninguén máis voltaría vela con vida, só o seu verdugo. Un energúmeno que deixou un rastro xenético que é a clave deste crime pois non hai testigos.

    Queres saber máis?

    Moitas grazas a Adrián Fernández Abruñedo e Natalia Puga por colaborar neste falangullo

    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:
    Atlantis: "music by audionautix.com"
    Persephone, Lithae: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    21 分
  • Consuelo Bregua. Feminicidio ou suicidio?
    2023/05/27
    Ano 1909, A Coruña, víspera do día da Galiza.

    Consuelo Bregua apareceu na súa casa, morta de dous disparos.

    Feminicidio ou suicidio? Esa é a cuestión.


    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:

    Atlantis, Trascend, Somber: "music by audionautix.com"


    続きを読む 一部表示
    37 分
  • Genoveva Ferreiro. Asasinada por unha paranoia
    2023/05/12
    Corría o ano 1988, facía un mes escaso que rematara un deses febreiros que se dan de catro en catro anos cando o mes conta 29 días.

    Era luns 4 de abril. Un luns calquera para as familias residentes nos Tilos, en Teo, pero non para a familia Martínez Ferreiro.
    Neste fogar acontecería un dos crimes máis cruentos da nosa Historia negra.

    É unhas das escenas máis duras das que temos narrado ata o de agora polo que non é recomendábel nin para menores nin para persoas sensibeis.

    Queres saber máis?


    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:

    Atlantis, Trascend, Tempting Fate: "music by audionautix.com"

    Charms: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    24 分
  • Vanessa Lorente. Asasinada por ciúmes
    2023/04/28
    Ano 2002. Tres meses antes de que a traxedia neglixente do Prestige tinguise de negro morte as nosas costas, esa mesma negrura mortal cinguiuse no Concello de Fene.

    O 13 de Agosto Vanessa Lorente desaparece co seu bebe Daniel, o seu ben máis estimado.

    As súas amizades están moi preocupadas.


    Que lles puido pasar a Vanessa e a Daniel? Por que marcharon?



    Ligazón ás nosas redes sociais, web e correo:
    https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Música:

    Atlantis, Trascend, On Walden Pond, The Childrends Room, Somber : "music by audionautix.com"

    Artemis: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    32 分
  • Maltratadas na vida e na Historia. Mulleres na Guerrilla Antifranquista Galega
    2023/04/13
    Chamáronlles putas, roxas, bandoleras, atracadoras, ladronas, de baixa moral pero isto non impediu que seguiran na loita pola liberdade e por un futuro nun mundo mellor.
    E se inxusta foi a súa vida, tamén o foi a súa morte, malia a ser das que máis traballaron para que a guerrilla se sostuvera e as que máis represalias sufriron.

    Esta é a historia das esquecidas, das sen nome, das acaladas pola Historia. Esta é a historia das mulleres na Guerrila Antifranquista Galega.

    As nosas redes, correo e web: https://linktr.ee/parolacomunicacion

    Libro de Aurora Marco: https://www.centrallibrera.com/libro/mulleres-na-guerrilla-antifranquista-galega_23064

    Música: Muller - Sés: https://open.spotify.com/track/7bf8iUIZV9E4mcMTW5yIo3?si=13e4c34013cd4b81

    Atlantis: "music by audionautix.com"

    Calíope, The Storyteller, About Life e Spiritual: "música de https://www.fiftysounds.com"
    続きを読む 一部表示
    34 分
  • Maria José Arcos. O segredo do faro
    2023/03/27
    María José Arcos Caamaño desaparece o 15 de agosto do 1997.

    Case 27 anos despois, e pese a haber un sospeitoso, segue a ser unha das desaparicións máis misterioras e aínda está sen resolver.

    Moitas grazas á familia Arcos Caamaño, en especial a Manuela, por colaborar connosco neste episodio.


    Ligazóns de interese:

    http://mariajosearcos.com/

    Libro negro: https://www.youtube.com/watch?v=N53aA7pvquY

    Música:
    Artemis, Echoes of Ireland, Polyhymnia "música de https://www.fiftysounds.com"

    Atlantis: Music by Audionautix.com
    続きを読む 一部表示
    51 分