-
サマリー
あらすじ・解説
Neste episodio sento a conversar cunha das miñas persoas favoritas: Richi Casás. E por que é unha das miñas persoas favoritas? Ídelo descubrir na conversa. Músico, profesor, e moitas cousas máis... envolto en moitos proxectos, forma parte actualmente da Banda Xangai mais xa estivo noutros outros proxectos entre os que se atopa tamén Os Papaqueixos ou MJ Pérez (aquí servidora). Comigo non hai nada do meu repertorio con ventos porque a calidade musical e humana de Richi é un tesouro do que tiven e teño a inmensa sorte de ser participe. Aprendín moito del a nivel musical pero aprendín moito máis a nivel humano porque no mundo, e máis concretamente no musical, hai que mirar ben onde poñemos a alma para non perder o sorriso. Falamos diso, das luces e sombras da música, dos seus proxectos e camiño feito, e conversamos un bo anaco de "Fuliada na Vila" un libro-disco que tedes que coñecer, para reflexionar sobre o noso legado musical na tradición e tamén para reflexionamos sobre as recollas e que é o que ocorre con ese legado. Acompañádenos nesta conversa na que eu debo confesar que ata houbo momentos que esquecín que tiña un micro diante mentres, sen decatarme, tiña a boca aberta. Xa contaredes vós que tal!