• Canto Conto - Podcast

  • 著者: MJ Perez
  • ポッドキャスト

Canto Conto - Podcast

著者: MJ Perez
  • サマリー

  • Que é "Canto Conto"? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify. Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo.
    © 2024 MJ Perez
    続きを読む 一部表示

あらすじ・解説

Que é "Canto Conto"? Nesta pequena presentación cóntovos de que vai este podcast e o porqué da súa creación. Queremos compartir co público dun xeito cercano e entretido a realidade dos nosos camiños e do noso traballo. Converso con persoas que para min son de grande interese por diversos motivos e só agardo que atopetes nestas conversas entretimento, reflexión e puntos de encontro. Síguenos, podes esecoitarnos en iVoox e Spotify. Podes seguir tamén as RRSS de MJ Pérez para estar ao tanto da saída de cada novo capítulo.
© 2024 MJ Perez
エピソード
  • Á conversa con AIDA SACO | Canto Conto
    2024/10/31
    Hoxe conectamos directamente con Nova Iork, e é que seguirlle a pista a Aida non é para nada doado. Dende que saiu do seu Rianxo natal, pasou xa por Barcelona, París, Rotterdam... ata rematar en Manhattan co propósito de dedicar a súa vida e formación ao piano e á música. E é que Aida é, sen dúbida, un talento xigante da nosa Terra, que alén do seu crecemento profisional e persoal, nunca esquece de onde vén e Galiza está sempre moi presente no seu día e na súa obra. Facemos un balance do camiño feito ata agora e do que estará por vir. Persoalmente, alén da admiración que teño por ela e por vela medrar no seu camiño, sempre é un pracer conversar con Aida e sempre aprendo moito. Acompañádenos nesta conversa!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 16 分
  • Á conversa con LAURA ROMERO | Canto Conto
    2024/09/29
    Hoxe a conversa é con Laura Romero, para quen non a coñeza, Ilustradora, creadora de proxectos como Músicas Galegas Ilustradas, Ferreñas e Rock and Roll, poñendo forma e cor a moitos libros e proxectos, ademáis de todo isto tamén é música. Ilustradora e baixista, pasando por diveros proxectos, entre eles o meu propio, e pertencendo á mítica banda Zënzar e tamén a Cuarta Xusta. Falamos de moitas cousas, ilustración, reflexionamos sobre varios temas e tamén abordamos o desafío que supón a aparición da IA no mundo da ilustración e como está afectando neste momento. Hai tempo para rir, tamén para opinións impopulares, debatir sobre varias cuestións e, sobre todo, para pasar unha boa mañá de domingo en Ordes. Sexa como sexa, conversar con Laura sempre é un pracer e temos carrete para máis, pero iso terá que quedar para outra ocasión!
    続きを読む 一部表示
    1 時間 48 分
  • Á conversa con RICHI CASÁS| Canto Conto
    2024/09/01
    Neste episodio sento a conversar cunha das miñas persoas favoritas: Richi Casás. E por que é unha das miñas persoas favoritas? Ídelo descubrir na conversa. Músico, profesor, e moitas cousas máis... envolto en moitos proxectos, forma parte actualmente da Banda Xangai mais xa estivo noutros outros proxectos entre os que se atopa tamén Os Papaqueixos ou MJ Pérez (aquí servidora). Comigo non hai nada do meu repertorio con ventos porque a calidade musical e humana de Richi é un tesouro do que tiven e teño a inmensa sorte de ser participe. Aprendín moito del a nivel musical pero aprendín moito máis a nivel humano porque no mundo, e máis concretamente no musical, hai que mirar ben onde poñemos a alma para non perder o sorriso. Falamos diso, das luces e sombras da música, dos seus proxectos e camiño feito, e conversamos un bo anaco de "Fuliada na Vila" un libro-disco que tedes que coñecer, para reflexionar sobre o noso legado musical na tradición e tamén para reflexionamos sobre as recollas e que é o que ocorre con ese legado. Acompañádenos nesta conversa na que eu debo confesar que ata houbo momentos que esquecín que tiña un micro diante mentres, sen decatarme, tiña a boca aberta. Xa contaredes vós que tal!
    続きを読む 一部表示
    2 時間 7 分

Canto Conto - Podcastに寄せられたリスナーの声

カスタマーレビュー:以下のタブを選択することで、他のサイトのレビューをご覧になれます。